Política de privacidade

Na ASOCIACIÓN MUSICAL “SONS DO MAR” (en adiante, Orquestra Sons), comprometémonos a garantir a privacidade e a protección dos datos personais dos nosos usuarios e socios, de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD).

1. Responsable do Tratamento

  • Denominación social: ASOCIACIÓN MUSICAL “SONS DO MAR”

  • CIF: G-01714443

  • Domicilio social: Rúa Vionta, 42, Aguiño, Ribeira, A Coruña.

  • Correo electrónico: info@orquestasons.gal

2. Información que recopilamos e Finalidade do tratamento

Tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas para as seguintes finalidades:

  • Formularios de contacto e consultas: Atender as solicitudes de información enviadas a través da web.

  • Alta e gestión de socios/as: Tramitar o rexistro, o cobro de cotas e a comunicación oficial cos membros da asociación.

  • Reserva ou compra de entradas: Xestionar a emisión, control de acceso e comunicacións operativas dos eventos.

  • Suscrición a boletíns e información: Enviar a newsletter ou novidades sobre concertos e actividades da orquestra.

  • Datos de navegación (Cookies): Analizar o uso do sitio web para mellorar a experiencia de usuario (consulta a nosa Política de Cookies para máis detalle).

3. Base xurídica do tratamento (Lexitimación)

A base legal para o tratamento dos datos varía según a finalidade:

  • Consentimento do interesado: Para o envío de formularios de contacto, suscrición a newsletters e uso de cookies non esenciais.

  • Execución dun contrato ou relación asociativa: Para a xestión da condición de socio/a ou a reserva de entradas.

  • Cumprimento de obligacións legais: Para o cumprimento das obligacións fiscais e administrativas aplicables á asociación.

4. Conservación dos datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación coa asociación ou non se solicite a súa supresión por parte do interesado. Finalizada a relación, os datos manteranse bloqueados únicamente durante os prazos legalmente esixidos para atender posibles responsabilidades.

5. Destinatarios dos datos

Non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal ou cando sexa imprescindible para a prestación dun servizo técnico vinculado ao funcionamento do sitio web (como proveedores de aloxamento web, xestión de correo masivo ou pasarelas de pago), garantindo que ditos proveedores cumpren cos estándares do RGPD. Si aceptaches expresamente o envío de correos para manterte informado da actividade da asociación en cuestión de entradas, newsletters, publicidade da orquestra, saberás que os teus datos serán cedidos a MAILCHIMP como plataforma que se ocupa de tal envío. Podes consultar a súa política de privacidade para saber máis sobre o tratamento dos teus datos.  Podes exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación.

6. Dereitos dos usuarios

Calquer persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na asociación estamos tratando os seus datos persoais. Pode exercer en calquer momento os seguintes dereitos:

  • Acceso, Rectificación e Supresión: Acceder ao datos, solicitar a correción de datos inexactos ou pedir a súa supresión cando xa non sexan necesarios.

  • Oposición e Limitación: Opoñerse ao tratamento ou solicitar a limitación do mesmo en determinadas circunstancias.

  • Portabilidade: Solicitar a portabilidade dos seus datos a outro responsable.

Para exercitar estes dereitos, pode enviar unha solicitude por escrito adxuntando un documento probatorio da súa identidade se fose necesario a info@orquestasons.gal.

Asimesmo, informamos de que ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

Contacto:

Se tes preguntas ou inquedanzas sobre a nosa política de privacidade, contacta connosco a info@orquestasons.gal para axudarche.

gl_ESGalego