SONS DO MAR

"A música pode darlle un nome ao innombrable e comunicar o descoñecido."
Leonard Bernstein

ASOCIACIÓN SONS DO MAR

É unha asociación sen ánimo de lucro inscrita no rexistro xeral de Asociacións da “Xunta de Galicia”. Velamos pola actividade cultural e musical da orquestra facendo chegar a nósa música aos máximos lugares posibles
A estas alturas contamos con arredor de 150 socios (tanto físicos como colaboradores) que son o soporte económico para manter viva a actividade da orquestra.
Ademáis temos unha Escola de música onde ensinamos todas as nocións necesarias para interpretar un instrumento, así como calquera dos instrumentos de plectro existentes na nosa orquestra cuxo obxetivo é facer canteira para asegurar o futuro e a continuidade da nosa orquestra.
 
Tódolos beneficios económicos se utilizan para sacar os nosos proxectos adiante grazas á axuda dos socios e as administracións como a “Diputación da Coruña”, o “Concello de Ribeira” e a “Xunta de Galicia”.
 
Ademáis a asociación é membro da “Federación Española de Pulso e púa” dende o 2023 co obxectivo de coñecer diversas orquestras polo noso país e así poder promocionar a nósa música.
Transparencia
 
Equipo Directivo:
 
Presidente: Alexandre Millet Alba
Vicepresidenta: Araceli Filgueira Piñeiro
Secretaria: Begoña Campaña Dios
Tesoureira: Ana Belén Garabato Crujeira
Vogal: Ana Belén García Mariño
Vogal: Alba Millet Millet

sOLICITAR ALTA DE SOCIO

Orquesta Sons comprométese a protexer a privacidade da información persoal que poidas proporcionarnos mentres utilizas o noso sitio web. Esta política de privacidade describe como recollemos, usamos e compartimos a información que obtemos dos usuarios do noso sitio.

Podemos recoller información persoal, como nomes, enderezos de correo electrónico e outra información de identificación persoal, só cando os usuarios a proporcionen voluntariamente, por exemplo, ao rexistrarse no sitio, subscribirse a boletíns informativos ou completar formularios en liña.

Non compartimos, vendemos nin alugamos información persoal a terceiros sen o consentimento expreso do usuario, agás que o exixa a lei ou sexa necesario para protexer os nosos dereitos, propiedade ou seguridade.
gl_ESGalego