
Orquestra de pulso e púa
SONS

quen somos
A “Orquestra Sons” nace no ano 2020 con grandes obxectivos por cumplir.
Un grupo de 20 músicos que levan máis de 30 anos adicados a tocar instrumentos de plectro deciden acompañar ao compositor e músico Alex Millet que busca darlle una visión diferente ás orquestras deste tipo.
Buscamos a innovación sonora mesturando os instrumentos de pulso e púa con percusión sinfónica, instrumentos electrónicos, coros etc.
Tocamos arreglos únicos e creados para a nosa orquestra sacando o máximo partido a ditos instrumentos, ademáis de estrenar diversas obras compostas e orquestradas polo noso director, conseguindo que a orquestra sexa única.
Así que o obxectivo principal é levar a nosa música aos máximos rincóns do mundo posibles elevando a categoría de laúdes, mandolinas, bandurras e guitarras (moitas veces infravalorados no mundo da música) a un nivel superior.
Con este propósito interpretamos música de todo tipo, desde clásica, rock dos 70/80, bandas sonoras de cine, música tradicional; en definitiva, atrevémonos a interpretar música de calquer época e estilo coa peculariedade da sonoridade dos nosos instrumentos.
A nosa orquestra está composta maioritariamente por mulleres con idades moi variadas e por un director que, a pesar da súa xuventude, deixa patente a súa profesionalidade en cada proxecto. Aínda que a maioría de nós non nos adicamos profesionalmente á música, o noso nivel de veteranía é moi elevado grazas á experiencia e complexidade das obras que interpretamos.
Actualmente temos a sorte de contar tamén con músicos extra que reforzan a agrupación con outros instrumentos chegando a ser un total de 30 personas.
En definitiva somos unha orquestra de pulso e púa innovadora, que non pon límites e tampouco temos medo á experimentación musical con este especiais instrumentos. Buscamos atraer a todo tipo de público, e destacamos polo traballo interpretativo que se ve presente nas nosas obras e actuacións, e tamén por contar con un amplo repertorio de obras únicas.

ASOCIACIÓN SONS DO MAR
Asociación sen ánimo de lucro que vela pola actividade cultural e musical da orquestra facendo chegar a nósa música aos máximos lugares posibles.