SONS DO MAR

"A música pode darlle un nome ao innombrable e comunicar o descoñecido."
Leonard Bernstein

ASOCIACIÓN SONS DO MAR

É unha asociación sen ánimo de lucro inscrita no rexistro xeral de Asociacións da “Xunta de Galicia”. Velamos pola actividade cultural e musical da orquestra facendo chegar a nósa música aos máximos lugares posibles
A estas alturas contamos con arredor de 150 socios (tanto físicos como colaboradores) que son o soporte económico para manter viva a actividade da orquestra.
Ademáis temos unha Escola de música onde ensinamos todas as nocións necesarias para interpretar un instrumento, así como calquera dos instrumentos de plectro existentes na nosa orquestra cuxo obxetivo é facer canteira para asegurar o futuro e a continuidade da nosa orquestra.
 
Tódolos beneficios económicos se utilizan para sacar os nosos proxectos adiante grazas á axuda dos socios e as administracións como a “Diputación da Coruña”, o “Concello de Ribeira” e a “Xunta de Galicia”.
 
Ademáis a asociación é membro da “Federación Española de Pulso e púa” dende o 2023 co obxectivo de coñecer diversas orquestras polo noso país e así poder promocionar a nósa música.
Transparencia
 
Equipo Directivo:
 
Presidencia: Alexandre Millet
Vicepresidencia: Araceli Filgueira
Secretaría: Ana B. Garabato
Tesourería: Begoña Campaña
Vogal: Alba Millet
Vogal: Ana Mª Teira
Vogal: Josefa Estévez
gl_ESGalego